martes, 10 de marzo de 2015

Os conflictos

Os conflitos son naturais na vida en grupo, agora ben, non se aprende de forma espontánea a resolvelos de maneira pacífica. Para lograr un clima positivo, e polo tanto sen conflitos, debemos ter en conta que temos que marcar uns límites, pero sempre mantendo un clima de confianza. .Debemos deixar de tratalos como se fosen algo malo e pasar a pensar que son unha oportunidade para a aprendizaxe.

Se queremos resolver os conflitos necesitamos coñecer que poden presentarse de forma interna, con un mesmo, e externa, cos outros que nos rodean, pero ámbolos dous deben entenderse de forma positiva, e sobre todo, aproveitalos para o crecemento do neno/a e do grupo.



Algúns dos conflitos máis frecuentes nos nenos/as son:

Na etapa de Educación Infantil:
-        Hábitos do sono
-        Alimentación
-        Control de esfínteres
-        Celos, rabietas, e pataletas
-        Pelexas polos xoguetes

Na etapa da Educación Primaria:
-        Pelexas  entre irmáns
-        Desobediencia  e/ou agresividade
-        Hábitos e motivación polo estudo
-        Problemas derivados da autoestima
-        Identidade sexual e tipificación
-        Trastornos da alimentación

Para facilitar a capacidade de solucionar os conflitos de maneira eficaz, hai que traballar diferentes programas, recursos, estratexias e actividades. O máis importante é que se traballen sempre na vida cotiá.

-O XUÍZO. O máis característico deste proceso é que non é voluntario, é dicir, as partes implicadas deben someterse ao xuízo aínda que non queiran. Trátase de que un xuíz tome a decisión baseándose nas probas e nos argumentos.

-A ARBITRAXE. As partes implicadas no conflito poden opinar sobre o proceso pero a decisión final tomará sempre un terceiro (arbitro). Este proceso é voluntario.

-A CONCILIACIÓN. Mediante esta técnica as partes poden confrontar os seus puntos de vista e chegar a un acordo. Este, lógrase a través das propostas que fai o conciliador e debe ser aceptado por todas as partes implicadas. Tamén estamos ante un proceso voluntario.

-A NEGOCIACIÓN. Proceso no que as partes dialogan e deciden sobre o proceso e sobre o resultado. Non existe a intervención dun terceiro.

- O SEMÁFORO: trátase de ensinar aos nenos/as que cando perdemos o control das nosas emocións ou nos atopamos ante un conflito, temos que acordarnos dun semáforo. Primeiro encenderíase á luz vermella : PARA, serénate e pensa antes de actuar. Despois iría a laranxa: PENSA en varias alternativas de solución e nas consecuencias. E por último, encenderíase a luz verde: PON EN PRÁCTICA a túa decisión.

-RETIRADA DE ATENCIÓN. A atención. é o reforzo máis importante para os nenos/as. Agora ben, esta pode ser positiva, pero cando non a conseguen, buscan a atención negativa porque non soportan que non se lles faga caso. Se consideran que as condutas negativas están premiadas, a través da atención, seguirán repetíndoas.