jueves, 29 de enero de 2015

              Función pedagóxica dos xoguetes

Os xoguetes


Os xoguetes son obxectos atractivos cos que se entreteñen os nen@s e cuxa función principal é a diversión.

A actividade lúdica xa é un fin en si mesma, e é absolutamente necesaria e beneficiosa para o nen@. Por iso, tanto os pais como os educadores debemos ser conscientes de que a través do xogo o pequen@ explora, descobre, aprende e interactúa. Aínda que non o faga con ese propósito, emprega un xoguete para descubrir a súa identidade, estimular o seu crecemento, aprender as causas e os afectos dunha acción, explorar as relación sociais e practicar as competencias que necesitará unha vez sexa adulto.

Xoguetes para cada idade

De 3 a 5 anos

Esta etapa está caracterizada polo xogo simbólic o. Os nen@s comezan a imitar e a representar situacións cotiás xogando ás cocinitas, ás profesións, etc. Gozan tamén xogando cos bonecos e os seus complementos así como nos columpios e cos triciclos.

De 6 a 8 anos

Nesta idade os nen@s disfrutan competindo coa finalidade de averiguar o seu propio valor. Son case imprescindibles a bicicleta, os patíns, as canicas, os avións, as construcións, o yo-yo, os xogos de letras, os telares, as costuras, os títeres e marionetas, as caixas para engarzar colares, os quits para o coidado da natureza, os xogos de mesa con preguntas e respostas sobre distintas materias, os rompecabezas e todo aquilo que se poida coleccionar.

De 9 a 12 anos

Cara ao final da nenez son moi importantes os xogos que anticipan situacións adultas profesionais, como por exemplo, os de química, electricidade ou o microscopio. É por isto, que os nen@s destas idades disfrutan xogando cada vez a xogos que impliquen un maior número de normas e un incremento nas esixencias requiridas.
Resultan tamén moi positivos aqueles que fomentan as actividades en equipo, sexan deportivas ou intelectuais. Os pre-adolescentes tamén se interesan polos xogos de estratexia e reflexión, audiovisuais e electrónicos.

Consellos a ter en conta:

  • ·       O xoguete en cuestión debe ser desexado polo nen@.
  • ·       É conveniente adquirir os xoguetes tendo en conta as idades recomendadas polo fabricante.
  • ·       Comprar xoguetes que teñan o anagrama “CE” pois este garante o cumprimento dos requisitos establecidos na lexislación española e europea sobre a seguridade dos artigos.
  • ·       O mellor xoguete non é necesariamente o máis caro.
  • ·       O exceso de xoguetes mata a fantasía e a imaxinación e produce aburrimento.
  • ·       Non comprar os xoguetes para satisfacer un capricho momentáneo do nen@.
  • ·       Xeralmente non deben ser empregados para premiar ou castigar a un nen@.

miércoles, 28 de enero de 2015

CONTROL DE ESFINTERES


Como sabemos que o noso/a fillo/a está preparado/a para retirar o cueiro

O control de esfínteres e o resultado dun proceso madurativo cognitivo, físico e emocional para o que se deben dar as seguintes condicións:
-     Ter entre 18 e 26 meses, idade na que fisicamente están preparados
-     Non mollar cueiro en hora e media ou dúas horas
-     Propiciar autonomía en actividades de aseo diario
-     Ter un canal de comunicación (xestual ou verbal)
-     Aportar unha seguridade afectiva e de autoestima

Como nos debemos preparar

-     Retira alfombras, cubrir sofá e coloca un cubre colchón plástico (evitarás enfados innecesarios)
-     Comprar unha boa remesa de calzóns e bragas
-     Compra co teu fillo un adaptador ou ouriñal (facilita o acceso rápido ó baño)
-     Todos os adultos da casa deben estar dacordo no método que ides a utilizar
-     Asocia ir o baño con facerse maior e poñer roupa de maior

Durante o proceso

-     Explicar que a partir dese momento os pañales van a desaparecer ( tomar a decisión de non volver a usalos posto que esto confunde os nenos/as)
-     En caso de fuga, non cambiar ó cativo/a no mesmo instante, deixar que sinta a incomodidade da humidade
-     Alabar os obxetivos conseguidos pero non demasiado efusivamente, ter en conta que é un paso máis na autonomía que debe conseguir por si solo
-     Non alargar demasiado o tempo de sentado no váter posto que pode aburrirse demáis e rexeitalo na próxima vez
-     Cando nos pida pis non esperar a lévalo, pide tan pronto como sinte a necesidade, non con antelación
-      Convertir este proceso nun xogo facilitara o traballo
-      Reforzar a comunicación familia-escola
- Non dar demasiada importancia os pequenos escapes, evitar riñas ou comentariosnegativos, posto que o neno/a pode usalo como unha chamada de atención, ainda que esta sexa negativa
-     Nos primeiro días fixarse nas horas en que suele miccionar ou facer heces para recordar a menudo a necesidade de sentarse no ouriñal.