miércoles, 28 de enero de 2015

CONTROL DE ESFINTERES


Como sabemos que o noso/a fillo/a está preparado/a para retirar o cueiro

O control de esfínteres e o resultado dun proceso madurativo cognitivo, físico e emocional para o que se deben dar as seguintes condicións:
-     Ter entre 18 e 26 meses, idade na que fisicamente están preparados
-     Non mollar cueiro en hora e media ou dúas horas
-     Propiciar autonomía en actividades de aseo diario
-     Ter un canal de comunicación (xestual ou verbal)
-     Aportar unha seguridade afectiva e de autoestima

Como nos debemos preparar

-     Retira alfombras, cubrir sofá e coloca un cubre colchón plástico (evitarás enfados innecesarios)
-     Comprar unha boa remesa de calzóns e bragas
-     Compra co teu fillo un adaptador ou ouriñal (facilita o acceso rápido ó baño)
-     Todos os adultos da casa deben estar dacordo no método que ides a utilizar
-     Asocia ir o baño con facerse maior e poñer roupa de maior

Durante o proceso

-     Explicar que a partir dese momento os pañales van a desaparecer ( tomar a decisión de non volver a usalos posto que esto confunde os nenos/as)
-     En caso de fuga, non cambiar ó cativo/a no mesmo instante, deixar que sinta a incomodidade da humidade
-     Alabar os obxetivos conseguidos pero non demasiado efusivamente, ter en conta que é un paso máis na autonomía que debe conseguir por si solo
-     Non alargar demasiado o tempo de sentado no váter posto que pode aburrirse demáis e rexeitalo na próxima vez
-     Cando nos pida pis non esperar a lévalo, pide tan pronto como sinte a necesidade, non con antelación
-      Convertir este proceso nun xogo facilitara o traballo
-      Reforzar a comunicación familia-escola
- Non dar demasiada importancia os pequenos escapes, evitar riñas ou comentariosnegativos, posto que o neno/a pode usalo como unha chamada de atención, ainda que esta sexa negativa
-     Nos primeiro días fixarse nas horas en que suele miccionar ou facer heces para recordar a menudo a necesidade de sentarse no ouriñal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario