Están a piques de chegar as vacacións de verán e con elas unha longa
temporada na que os nen@s dispoñen de moito tempo libre. É importante
organizarse para que este período sexa o menos caótico posible. Debemos, polo
tanto, ter en conta: con quen deixamos os nen@s? Que obrigas terán os nos@s
fill@s? Que actividades faremos tod@s xunt@s?
ONDE QUEDAN OS NEN@S?
|
Para moitos pais e nais esta é unha pregunta fundamental nestas datas, dado
que, non poden desfrutar do mesmo período vacacional que os seus fill@s. Na
actualidade temos varias opcións.
v
FAMILIARES: Moitos nen@s teñen a gran sorte de poder
quedar ao coidado dos seus avós, tí@s, irmáns maiores, etc. Esta opción é
positiva tanto para unha parte como para a outra, xa que, especialmente os avós
recárganse de enerxía. Tamén hai que ter en conta que isto non é axeitado se os
avós non están nas condicións físicas adecuadas, ou se os nen@s acaban de ter un
irmanciñ@ por temor aos celos.
v LUDOTECAS
E/OU CAMPAMENTOS: Cada vez é máis ampla a variedade de actividades
lúdico-educativas no verán. Podemos atopar campamentos de idiomas, deportivos,
artísticos, científicos, ecolóxicos, etc. O certo é que estas actividades
permiten conciliar o horario laboral dos pais/nais coas vacacións dos nen@s
pola súa flexibilidade horaria (incluso hai campamentos con opción a
pernoctar).
OBRIGAS DOS NEN@S
|
As vacacións son para descansar, pero non debemos esquecer que os nen@s
deben seguir unha rutina “suave”. Con isto referímonos a que debemos manter, ao
igual que o resto do ano, uns horarios definidos. Nesta rutina debemos incluír
tanto tarefas domésticas (facer a cama, poñer a mesa, etc) como tarefas
escolares. Para estas últimas, un bo recurso son os cadernos de repaso.
Tanto unhas como outras, poden parecer aburridas, porén, se lle sacamos
partido, son unha estupenda alternativa para compartir tempo en familia.
Non debemos esquecer tampouco unha organización en canto aos tempos de televisión,
internet, videoxogos, uso do móbil...
ACTIVIDADES EN FAMILIA
|
·
O verán é unha época estupenda para que os nen@s lean o que máis
lles gusta, por iso, é fundamental reservar un tempo tranquilo do día para
dedicarlle á lectura.
·
Debemos motivar aos nosos fill@s a interese
pola cultura e arte; e así mesmo, pola natureza. Para isto temos á nosa
disposición museos, teatros, cines, zoolóxicos, parques, etc.
·
Grazas ao bo tempo podemos promover
actividades físico-deportivas ao aire libre tod@s xuntos.
·
Outra forma excelente de desconectar do día
a día e pasar tempo de calidade en familia é viaxar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario